domingo, 22 de setembro de 2013

Comezo dos ensaios...

A partires do mes de outubro empezamos as clases despois do descanso veraniego. Anímadevos a vir e pasaredes un rato divertido. Déixovos unhas fotiños dos nosos ensaios. Polas caras parece que non o pasan nada mal...




LEILÍA - Xota de Eva Castiñeiras


Este blog adicado á música galega e ás Pandereteiras en xeral, non tería sentido se non faláramos do que para nós é o grupo de pandereteiras máis importante do folclore galego: LEILÍA. Este grupo leva moitos anos traballando na recuperación da música tradicional galega e froito diso están os seus discos. O último deles ConSentimento, é moi especial para nós pois está adicado a persoas como Eva Castiñeiras, pandereteira muxiá.

Moitas grazas Leilía!!!

Fundación López Abente

O 20 de xullo de 2013, as Pandereteiras de Muxía tivemos o pracer de tocar nos actos de conmemoración do 50 anviersario da morte de Gonzalo López Abente (poeta muxián).
Neste acto presentouse o volume da "Poesía Completa de Gonzalo López Abente" e ademais fíxose entrega do I Premio de Poesía "López Abente". A parte musical foi compartida cos amigos da Coral Polifónica "Virxe da Barca" de Muxía.

Unha honra para nós participar neste fermoso acto. E moitas grazas a Viki Rivadulla por ternos en conta.
http://lopezabente.org/


Semana Cultural da Barca

As Pandereteiras de Muxía participamos tanto na primeira coma na segunda Semana Cultural da Barca. No Cabo da Vila e vestidas de mariñeiras cantamos e tocamos para ir quencendo os motores para a que é unha das máis grandes romarías de Galicia.

Na primeira foto as Pandereteiras en setembro de 2012

Na segunda foto as Pandereteiras en setembro de 2013

De recolleita polo Val de Duio - Fisterra

As Pandereteiras de Muxía traballan xunto coas Pandereteiras da AA.VV. "Val de Duio" de Fisterra na recolleita da música da Costa da Morte. A principios de verán estivemos con Lela de Castromiñán, Silvestre e Tía Manola que nos amosaron unha grande parte do seu facer. Aínda lles queda que contarnos... de momento unha fotiño e máis adiante poremos algún vídeo.


Eva Castiñeira

Non podíamos inaugurar este blog sen falar de Eva Castiñeira. Esta sonada pandereteira era muxiá, concretamente veciña de Agranzón. De moi cativa emigrou á cidade da Coruña para traballar como asistenta. Nesta mesma época empeza a cantar e a actuar en bailes e romarías da zona. Logo empezou a tocar a pandeireta e fíxose coñecida tocando con Florencio, o cego dos Vilares.

Para ela esta entrada máis que merecida xa que grazas a xente coma ela, hoxe en día seguimos desfrutando da nosa música.


Alalá de Muxía

Outra fermosa versión é a composta por Paulino Pereiro e interpretada polo Taller de Canto do Orfeón Terra a Nosa. Está extraída do recompilatorio "Cancións de aquí e de acolá"

http://www.youtube.com/watch?v=KH5SPI4EIZs